Medio cento de veciños percorreron a primeira etapa do Camiño A Orixe dende Corrubedo

07 Febreiro 2022

Medio cento de veciños do municipio de Ribeira participaron este domingo 6 de febreiro nunha andaina pola primeira etapa do Camiño de Santiago de Barbanza, A Orixe.

O presidente da Asociación de Amigos do Camiño A Orixe, Manuel Mariño Nin, abriu o evento ás nove da mañá aos pés do faro de Corrubedo. Fíxoo debullando as particulares, atractivos e tesouros ambientais, culturais e paisaxísticos deste itinerario terrestre que acompaña a traslatio do apóstolo, cuxos restos entraron vía marítima pola ría de Arousa até o río Ulla.

A continuación os camiñantes iniciaron un traxecto de 16,7 quilómetros que os conduciron ata a Capela da Guía, en Carreira, tras atravesar diversos puntos de interese como o Outeiro de Santiaguiño, a Igrexa de Santa María de Olveira, o Dolmen de Axeitos ou o conxunto etnográfico dos muíños de Amendo. Entre os participantes atopábanse os concelleiros Juana Brión, María Sampedro, Víctor Reiriz, Ana Barreiro e Ramón Doval.

A intención é que en vindeiras fins de semana a medida que as axendas e o tempo o permitan realizar o resto de etapas aproveitando as fins de semana ata chegar á catedral compostelá.

Credenciais

Por outra banda, o Concello de Ribeira informou de que a nova Comisaría de Policía da cidade, emprazada no 21 da avenida das Airós (no lugar de Fontán, entre Martín e O Touro), expide xa as credenciais do peregrino imprescindíbeis para certificar o paso ordenado polos distintos núcleos e fitos da ruta xacobea. Pódense solicitar na oficina de denuncias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...