“Máis implicación da Xunta no sector pesqueiro” – Antón Luaces

11 Febreiro 2022

Elixido alcalde das Pontes en 2007 (cando contaba con 32 anos de idade), Valentín González Formoso revalidou o cargo nas sucesivas tres eleccións municipais, compatibilizando esta responsabilidade coa de presidente da Deputación da Coruña desde 2015. Cando aínda no contaba con 47 anos acadou a vitoria nas primarias socialistas galegas do pasado outono. Xa con 47 anos e, en calidade de secretario xeral do PS de G-PSOE, González Formoso “mollouse” nun dos máis importantes sectores da socioeconomía galega: o pesqueiro.

Fíxoo para demandar da Xunta unha maior implicación se “pretendemos” que, neste momento “crítico” se poida garantir a súa supervivencia. Con tal garantía, semella obvio que o máximo responsable socialista en Galicia está a poñer riba da mesa a supervivencia de pobos enteiros da Galicia mariñeira. Como?

A idea que baralla Valentín González Formoso é aplicar máis incentivos para a captación de persoas que pretendan enrolarse nos barcos galegos. Reclama tamén que se facilite a incorporación á actividade reducindo carga administrativa, simplificando o proceso formativo ou a homologación de titulacións, coordinándose co resto de comunidades autónomas costeiras e co Ministerio de Pesca.

Nese que cualifico de “mollarse”, González Formoso activa o papel da profesión de mariñeiro e implica na revitalización do sector a unha Xunta de Galicia que debe, “escoitar ao sector” e protexer a pesca galega. Un sector, dixo alto e claro, “moi querido pola cidadanía de Galicia”. Engadindo que esa implicación da Xunta debe ir cara a “facer suficientemente atractivo enrolarse nun barco galego”.
E Galicia ten barcos de pesca: 4.271 con data 5 de febreiro de 2022. Destes, o porto da Coruña acubilla 458; Riveira, 406; Rianxo, 197; Aguiño, 114; e Ferrol, 109, quedando noutros portos da provincia o resto da frota coruñesa. Na provincia de Lugo, os barcos dispostos son 1.109 , con Burela e Celeiro con 77 e 56, respectivamente, como os portos máis importantes. Na provincia de Pontevedra teñen os seus portos base un total de 1.899 barcos, con Cambados como primeiro porto de baixura (217 buques), seguido do Grove (150), Cangas (137), Vigo (119), Bueu (116), Moaña (97) e Vilanova 90, como portos máis importantes no conxunto da provincia pontevedresa.

O Censo de Frota Activa de Pesca significa que España conta cunha frota pesqueira integrada por 8.727 barcos, cun arqueo de 326.828,36 Tm., unha potencia en Kw. de 769.231,91 , e unha potencia en Cv. de 1.045.897,8.

Con estes datos queda nidiamente reflectida a importancia da frota galega que, por si mesma, ven ser case o 50% do total español, moi por riba de Andalucía (1.425 buques), Canarias (750), Comunidade Valenciana (534), Cataluña (450), Illas Baleares (312), Asturias (260), País Vasco (199), Rexión de Murcia (181), Cantabria (131) e Ceuta (14).

O convite do secretario xeral dos socialistas galegos a unha maior implicación da Xunta no sector pesqueiro, formulado días pasado, non obtivo resposta.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...