Loito oficial o luns en todo o Reino polo naufraxio do pesqueiro galego en Terranova

19 Febreiro 2022


O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado o decreto polo que se declaran 24 horas de loito oficial o vindeiro luns con motivo do naufraxio do barco pesqueiro ‘Villa de Pitanxo’ en augas de Terranova (Canadá).

Así, desde as 00.00 horas ata as 24.00 horas do día 21 de febreiro a Bandeira Nacional ondeará a medio mastro en todos os edificios públicos e buques da Armada “como testemuño da dor da Nación española e en sinal de condolencia coas familias e demais persoas achegadas aos falecidos e desaparecidos do naufraxio”.

Foi a proposta da vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, por suplencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e en virtude do artigo 13.1 da Lei 50/1997, do 27 de novembro. Por iso, o último Consello de Ministros celebrado este venres aprobou esta declaración.

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, precisou que o Executivo quere reiterar deste xeito as condolencias a familiares e amigos dos falecidos e desaparecidos. E tamén desexa mostrar o seu apoio a un sector que faena cada día en condicións de ” penosidad” e faio para asegurar tamén a alimentación dos cidadáns.

vesselfinder

Outros artigos

A rede de praias sen fume de Galicia xa concentra 249 areais e portos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, celebrou hoxe a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco. O titular da carteira sanitaria, acompañado da directora xeral de Saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.