Este xoves 3 o Auditorio de Rianxo acolle a estrea de Lara Hierro, da compañía Constance Hurlé

28 Febreiro 2022

Desde o venres 25 de febreiro o Auditorio de Rianxo acolle o inicio dunha nova residencia artística, desta volta coa compañía Constance Hurlé para a montaxe do seu novo espectáculo, Lara Hierro, unha peza multidisciplinar que se estreará o vindeiro xoves día 3 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Sinopse

Lara Hierro é como dixemos un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial. Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para, en palabras da compañía Constance Hurlé, “falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo”.

As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.

Lara Hierro é segundo engade a compañía “unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración”.

Ficha artística

-Dirección e dramaturxia

Constance Hurlé

-Colaboración na dirección

María Llanderas

-Interpretación

Constance Hurlé

-Coreógrafa e bailarina

Clara Ferrao

-Intérprete musical

Pilar Almalé

-Dirección do espazo sonoro

Rui Grenha

-Iluminación e escenografía

Violeta Martínez

-Vestiario

La Canalla

-Vídeo creación

Sol Álvarez

-Distribución

Celina Fernández Ponte

-Colaboración

AGADIC

Lume do Carozo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...