Esta semana preséntanse en Compostela os tomos II e III da biografía máis completa de Castelao

22 Febreiro 2022

Esta semana preséntase en Santiago a que é, segundo os responsábeis da súa publicación, “a biografía máis completa de Castelao”. Trátase de Castelao. Construtor da nación (tomo II 1931-1939 e tomo III 1940-1950). Na presentación participan Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Miguel Anxo Seixas Seoane, autor da publicación, Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago, Francisco Castro, director da Editorial Galaxia e Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Será no Museo do Pobo Galego, no salón de actos, este mércores 23 a partir das 19.00 horas.

Trala edición desta ambiciosa obra en tres tomos atópanse o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia. O primeiro volume, que abrangue de 1886 a 1930, presentouse en 2019. Este mércores preséntanse os outros dous (de 1931 a 1939 e de 1940 a 1950) no Museo no Pobo Galego, ás 19:00 horas.

Nesta ampla biografía, que suma un total de 3.919 páxinas, recóllese a vida de “o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”.

Trátase “dunha biografía monumental concibida polo historiador Miguel Anxo Seixas como un diario da vida cotiá de Castelao, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, xunto á actualidade da época”, explican o Consorcio de Santiago e máis Galaxia, engadindo que os libros ilústranse con fotografías que mostran diferentes momentos da traxectoria de “quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega”, o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.