“Especulación e corrupción” – José Manuel Pena

10 Febreiro 2022

Os acontecementos sucédense a unha velocidade vertixinosa e na maioría dos países occidentais os seus responsables políticos e económicos apresúranse a reinventar novas medidas para amortecer as consecuencias das crises económicas. Sen dúbida estamos a vivir unha época de cambios importantes e transcendentais e dependerá do acerto dos mesmos para conseguir que o Estado de Benestar poida seguir sendo unha realidade para as futuras xeracións.

Atrás quedan décadas de continuo crecemento económico, onde o liberalismo, a iniciativa privada, a especulación, a corrupción, o enriquecemento rápido e inxusto foron situacións correntes que leva agora, a moitos países, a recortar as prestacións sociais, reducir órganos administrativos e entes públicos das diferentes administracións públicas e incrementar as taxas e impostos. Mentres tanto seguen aumentando as enormes bolsas de pobreza, marxinación social, desemprego, empregos precarios, que nos fai pensar que a crise afecta aos de sempre e beneficia aos especuladores e aos enxeñeiros e “maquilladores” financeiros.

Cada vez máis cidadáns cremos que outra sociedade é posible. Para iso sería moi necesaria a participación activa de todos, non deixando o destino só en mans do poder político e económico. A responsabilidade das crises é solidaria. Todos, uns por acción, outros por omisión, consentimos durante demasiado tempo situacións inxustas e insolidarias.



p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115% }a:link { so-language: zxx }

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.