En Ribeira Asemblea aberta do BNG para escoitar propostas de interese para a veciñanza

24 Febreiro 2022

O BNG convoca unha asemblea aberta á veciñanza este sábado 26 de febreiro ás 20:00 horas, no seu local na Rúa Amarella, 4. Os nacionalistas fan un chamamento aos veciños de Ribeira e das parroquias para que poidan achegar propostas en positivo para o municipio ser partícipes da política municipal.

O concelleiro Luís Pérez Barral explicou que, tras a baixada dos casos de coronavirus, o BNG realizará a renovación dos seus órganos tal e recollen os estatutos da organización após cada asemblea nacional e tamén volverá a desenvolver asembleas abertas como facía antes da irrupción da pandemia. “O BNG é unha organización cun proxecto propio, plural, inclusivo e aberto, por iso lle tendemos a man a todas as persoas que desexen sumar para facer unha Ribeira mellor” asegurou Barral.

Pérez Barral concluíu dicindo que “o proxecto do PP actúan unilateralmente sen escoitar á veciñanza, teñen un proxecto esgotado e fronte a iso está un BNG con ideas claras e proxecto ilusionante”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.