En Oleiros colision entre tres coches cun ferido leve

Tres vehículos víronse implicados nunha colisión que se produciu a primeira hora da tarde deste martes na parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros. O suceso tivo lugar na AC-302, ao seu paso por Oleiros, cando un coche quixo virar para acceder a un taller. O vehículo que circulaba detrás impactou con el e un terceiro automóbil chocou con este.

Membros do GAEM de Ribeira, da Policía Local ribeirense e da Garda Civil de Tráfico desprazaronse ata o lugar da colisión. No accidente rexistrouse un único ferido, de carácter leve, que foi levado ao hospital de Barbanza para recibir asistencia.