“En ocasións, vexo bicis” – Xulio Xiz

11 Febreiro 2022

En ocasións, vexo bicis

Cumpríu vinte anos El sexto sentido coa terrorífica frase do neno que “en ocasións vía mortos”. Eu, salvando distancias, “en ocasións, vexo bicis”.

Hai moitos anos, Manolo Granxeiro andaba por Lugo en moto para alixeirar o tráfico. Tempo despois, a tamén concelleira Zita Méndez andaba en bicicleta promocionando o seu uso. Apóstolo do ciclismo cidadán foi Paco Pestana, parecendo pola súa constancia que había moitos Pestana patrullando a cidade. E ás veces vense bicicletas pola rúa, a beirarrúa, ou polo medio da xente, xogando a esquivar.

Na actual xeografía urbana os carrís bici ocupan espazos antes reservados aos contaminantes vehículos, rendibles fiscalmente pero condenados polos progresistas, aos que non lles quito a razón, pero é difícil prescindir do coche nunha cidade na que xa hai distancias, ás veces chove, e levamos paquetes, ou nenos a actividades diversas.

Acoutar espazos para ciclistas fai que utilicemos menos os coches, e iso hai que agradecer aos planificadores da vida urbana, co temor de que se anticipen demasiado, imaxinando bicis onde hai coches e peóns. Só coidando que, para que aparezan ciclistas, primeiro hai que facerlles pistas exclusivas, podo comprender a nova Ronda dos Deportes pola que nunca vin un ciclista.

Na rúa Río Navia temos vía “só bicis” que ninguén estreou, pero hai días vin a primeira ciclista pedaleando non pola súa vía senón pola que se supón é a miña. A rapaza esquivaba peóns pola beirarrúa, aos que facía dubidar da súa presencia real. O mesmo ca o neno da película vía mortos, nós, en ocasións, chegaremos a ver ciclistas, circulando polo carril bici.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.