En Carreira (Ribeira) unha persoa resulta ferida nun accidente

Unha persoa que ía de acompañante resultou ferida trala colisión dun vehículo con outro na parroquia ribeirense de Carreira. O accidente aconteceu esta tarde do domingo cando un turismo que circulaba polo lugar da Capela saíuse da vía por razóns que se descoñecen e impactou contra outro coche que estaba estacionado no lugar.

A persoa que viaxaba como acompañante resultou ferida de carácter leve, e foi trasladala ao hospital para ser examinada e descartar outras lesións.

Ao lugar do accidente acudiron unha ambulancia do 061, e efectivos da Policía Local e unha dotación de bombeiros do parque de Ribeira.

A Capela en carreira. Foto joferpa