En Boiro intervidos 1.350 litros de gasóleo bonificado usado de maneira fraudulenta

16 Febreiro 2022

A Garda Civil intervén 1.350 litros de gasóleo bonificado usado de maneira fraudulenta en Boiro
A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia incautouse de 1.350 litros de gasóleo tipo B na localidade coruñesa de Boiro ao ser usado este combustible bonificado de maneira fraudulenta por unha empresa deste municipio.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor da localización dun vehículo industrial que facía uso fraudulento de gasóleo bonificado durante un control de carburantes nesa localidade.

As mesmas fontes indicaron que, #ante a “sospeita de que outros vehículos da empresa usasen fraudulentamente o mesmo tipo de carburante” e seguindo as ordes do xefe da Dependencia Rexional de Aduanas, os axentes procederon á inspección das instalacións da empresa titular do vehículo.

No transcurso da mesma os efectivos localizaron outro vehículo industrial con este tipo de gasóleo no seu depósito e dous depósitos interconectados, cunha capacidade de mil litros cada un, que contiñan entre ambos os 1.350 litros de gasóleo B.

Por iso, a Garda Civil procedeu á incautación do gasóleo tipo B atopado e á confección de tres actas denuncia por supostas infraccións á Lei 38/1992 de Impostos Especiais.

O gasóleo incautado quedou depositado nas instalacións da empresa ao dispor da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais.

Foto Garda Civil

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.