O domingo as altas presións seguirán estacionarias ao noroeste de Galicia. Agárdase así un día de ceos despexados en xeral con algunhas néboas matinais no interior e nubes baixas no terzo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso con xeadas, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

Non se prevén cambios no tempo nos próximos 15 días.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 2 a 2.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:10 | 0.8 m |
Preamar | 07:28 | 3.6 m |
Baixamar | 13:39 | 0.9 m |
Preamar | 19:48 | 3.2 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:02 | 0.9 m |
Preamar | 07:21 | 3.5 m |
Baixamar | 13:32 | 1.0 m |
Preamar | 19:44 | 3.1 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:07 | 0.8 m |
Preamar | 07:25 | 3.5 m |
Baixamar | 13:36 | 0.9 m |
Preamar | 19:47 | 3.1 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)