Domingo con fortes chuvias na primeira metade do día

O domingo Galicia estará afectada polo paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada sobre Inglaterra. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións xeneralizadas, máis intensas na metade oeste. A cota de neve estará situada nos 1400 metros pola tarde baixando progresivamente ata os 900 metros ao final do día. As temperaturas mínimas ascenderán pero as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no terzo norte.

meteogalicia

O NOSO MAR: ACTIVADO PARA O DOMINGO ALERTA LARANXA POR TEMPORAL COSTEIRO. Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:083.0 m
Baixamar08:281.2 m
Preamar14:352.9 m
Baixamar20:361.2 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:013.0 m
Baixamar08:201.3 m
Preamar14:262.9 m
Baixamar20:251.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:063.0 m
Baixamar08:251.2 m
Preamar14:312.9 m
Baixamar20:311.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)