“Defender os intereses marítimo-pesqueiros ante a PPC”. Antón Luaces

06 Febreiro 2022

A Comunidade galega formula á Unión Europea a necesidade da defensa dos seus intereses pesqueiros para chegar a aportacións propias que melloren a Política Pesqueira Común (PPC).
A cuestión foi debatida no seo do Consello Galego de Pesca, reunido este martes en videoconferencia presidida pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, para dar a súa aprobación ao ditame sobre estratexia de Galicia na defensa dos seus intereses pola revisión da PPC. O documento final -enriquecido durante o seu paso polo grupo de traballo constituido no seo do devandito Consello- xa conta coa aprobación do Executivo galego e os representantes do sector, que así o avalaron. A finalidade do documento non é outra que realizar aportacións e facer unha estratexia o máis adaptada posible á realidade desta Comunidade.O informe incide na remuda xeracional como unha das claves da PPC e avoga porque inclúa medidas que permitan ao sector contar con estruturas produtivas modernas para mellorar a seguridade no traballo, dar pulo á competitividade e facilitar a incorporación de xente nova.Salienta tamén a Comunidade galega a trascendencia de recoller as singularidades do marisqueo a pé na nova política pesqueira e de que haxa unha mellor asignación de cotas evitando rixideces e primando o equilibrio medioambiental e socioeconómico.Esta mesma semana o Goberno galego vai manter contactos con outras rexións europeas na Bretaña francesa e informando aos representantes galegos nos distintos parlamentos e no Senado, ao tempo que tratan de sumar as principais entidades pesqueiras da UE na defensa dos intereses do sector.Para Galicia resulta fundamental dispoñer dunha política pesqueira sólida, de cara a evitar que se produzan diferencias entre Estados membros e que permita defender os intereses do sector ante terceiros países, facilitando deste xeito que todos desenvolvan a súa actividade coas mesmas regras de xogo.No que atinxe á sustentabilidade, Galicia aposta porque a futura política pesqueira comunitaria atenda aspectos como o traballo conxunto entre as entidades de representación sectorial , axentes sociais e as ONG para promover a conservación  en biodiversidade. Neste eido tamén avoga por ter en conta a capacidade nutritiva dos produtos do mar, a súa contribución á saúde, e a importancia de recoller as singularidades do marisqueo a pé como elemento da PPC.A adaptación do cambio climático é outro dos obxectivos abordados en relación coa sustentabilidade, motivo polo que Galicia entende necesaria a innovación contínua nos procesos coa finalidade de acadar unha produción máis eficiente, con menor pegada de carbono e hídrica, o que xeraría unha oportunidade competitiva no futuro.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.