O avión fretado polo Goberno para as repatriacións da tripulación do pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’ chegou a Terranova minutos despois das 17,00 horas deste domingo.
O A-400 do Exército do Aire foi recibido no aeroporto de San Xoán de Terranova polo embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano, que xa se atopa na zona para dirixir in situ os labores de repatriación e asistencia aos familiares.
Está previsto que a aeronave chegue o luns a basé área de Santiago de Compostela, onde será recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
