Chegan a Boiro os Fabulosos Cleaners de Malasombra Producións

14 Febreiro 2022

A compañía Malasombra Producións estará este venres 18 de febreiro en Boiro para representar o seu espectáculo infantil e xuvenil Os Fabulosos Cleaners. Será a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura. A compra de entradas poderase facer o mesmo día da función a partir das 18.00 horas.

Trátase dun espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos, en palabras de Malasombra “nha fantástica experiencia visual para participar toda a familia”.

O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste espectáculo.

Argumento

Dous operarios da limpeza do teatro descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

ACTORES: Xoque Carbajal e Jouse García
AUTORÍA: Luis Beviá e Xoque Carbajal
DIRECCIÓN: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.