“Carta aberta ás familias ucraínas que viven no Barbanza” – Manuel Domínguez

25 Febreiro 2022

Lida en La Voz de Galicia, os vosos sentimentos, escoitado a vosa dor, nós como pobo pouco podemos facer nos conflitos mundiais, pero ante a vosa dor, non podemos gardar silencio, sodes persoas que vos integrastes nesta nosa sociedade, formades parte do que todos somos nesta construción do Barbanza.

Creo poder dicir que o meu sentimento é compartido por cada un dos habitantes desta nosa comunidade, as vosas palabras, a vosa dor faime hoxe escribir esta carta pública, que podo facer?, hoxe mais que onte a vosa dor é un pouco a nosa dor, nada máis que acompañarvos a chorar? A miña persoa ponse á vosa disposición, como así penso ponse toda a península do Barbanza, pobo amante da paz e o traballo, así o demostran os anos de crecemento.

Durante dous meses residín no voso país na cidade de Odessa, alí deixei dous amigos, un pintor, restaurador de vellas imaxes nas vellas igrexas, Martin, autor do retrato que mostro aquí, outro un mozo que me acompañou durante a miña estadía, alí coñecín fermosa amizade, era unha época na que nas rúas os nenos podían xogar, unha época para o esquecemento.

Quedo ao voso servizo.

Želim ti svu sreću svijeta.



			

Outros artigos

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

“Un acto de covardía, para derrubar ao Goberno” – Antón Luaces

En España, o poder lexislativo corresponde ás Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados é o encargado de crear, modificar e derrogar as leis, amais de controlar  e fiscalizar a acción de goberno. Debate, elabora e aproba as leis que rexen a sociedade e actúa como a voz...

+

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...