Boiro acolleu un dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina a Deputación

14 Febreiro 2022

O Pavillón Polideportivo de Boiro acolleu esta fin de semana un dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina organizados pola Deputación da Coruña en distintos concellos da provincia.

O curso, segundo informou a entidade provincial, contou “cunha elevada demanda”, rexistrándose máis dun centenar de solicitudes para as 70 prazas dispoñíbeis, que se completaron ao 100%.

As mulleres participantes no curso, entre os 14 e os 65 anos, tiveron a oportunidade de aprender e ensaiar técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo: saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia co agresor foron algunhas das técnicas aprendidas.

A deputada de Educación, Sandra González Castro, o tenente de alcalde, Luís Ruíz, a concelleira de Deportes e Igualdade, Dores Torrado, participaron na entrega de diplomas e felicitaron ás participantes.

Os cursos de defensa persoal feminina continuarán nas vindeiras semanas nos concellos de Ames e Melide.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...