“Boas prácticas bancarias” – José Manuel Pena

16 Febreiro 2022

Cláusulas abusivas, produtos tóxicos, comisións de usura, préstamos hipotecarios contrarios á boa fe e á honestidade, falta de sensibilidade e “acoso” constante a familias humildes, foron algunhas das prácticas inhumanas utilizadas por parte da maioría das entidades financeiras do noso país.

Se se sabía que, a maioría das entidades financeiras, impuñan un trato desleal, nada equitativo e con cláusulas abusivas contrarias á ética e ás boas prácticas bancarias, por que non se tomaron as medidas correctoras e sancionadoras correspondentes contra todas estas entidades ao obxecto de evitar o prexuízo aos consumidores a través do evidente desequilibrio dos dereitos e obrigacións das partes que se derivan de calquera contrato bancario?

Segundo sentenzas de varias audiencias provinciais e tribunais supremos do noso país sinalan, neste sentido, claramente que “a realidade demostra que os borradores das escrituras dos préstamos bancarios son efectuados polas propias entidades financeiras, sen intervención algunha dos clientes, quen comparecen ante os fedatarios públicos (notarios) para asinar o que xa está redactado de antemán pola entidade bancaria, sen posibilidade algunha de discutir, nin menos aínda de modificar diversas cláusulas so pena de quedar sen préstamo”.

Por outra banda, xa a orde de 1.994 sobre transparencia das condicións financeiras dos préstamos hipotecarios, na súa exposición de motivos, sinala que a súa finalidade primordial é garantir a adecuada información e protección de quen concerten préstamos hipotecarios. Até o momento, por carecer da necesaria sensibilidade social, todo quedaba en papel mollado e as entidades financeiras seguían aumentando a súa conta de resultados á conta dos pequenos aforradores e as familias humildes deste país de pandereita, subvencións e picaresca.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.