Arrinca este sábado a axenda festiva do Son co Concurso Infantil de Disfraces

25 Febreiro 2022

O Entroido xa hai días que se deixa sentir nos nosos concellos. Por exemplo en Porto do Son, onde o Concello confirmou “os primeiros recendos a filloas, melindres e orellas”, e onde elaborou un completo programa festivo para persoas de todas as idades e onde se fixo un esforzo especial para combinar e compatibilizar festa e seguridade sanitaria. Unha das actividades estrela será sen dúbida o Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido en Porto do Son, a través do cal vanse repartir 3.500 euros entre as veciñas, veciños que luzan as mellores galas.

O certame vén con dúas modalidades (para a rapazada e para os adultos) e un gran acto de culminación das actividades (o Enterro do Felipiño).

O concurso en si mesmo virá en dúas quendas.

A primeira quenda será este sábado 26 de febreiro, sábado, co Concurso Infantil de Disfraces. Establécense tres categorías: individual, parella ou grupo. Está previsto que actúe a Charanga O Santiaguiño de Padrón. Poderá participar a cativada de até 12 anos. O certame infantil desenvolverase na explanada portuaria de Porto do Son a partir das 17.00 horas.

A segunda quenda será a do Concurso de Adultos. Haberá tres categorías: comparsas, grupos e individuais. A saída do desfile está prevista para as 17.000 horas da Casa da Cultura de Porto do Son e até a explanada portuaria. A vertente festivo-musical virá da man de Troula Animación (co espectáculo Psychodelia) e da Charanga O Santiaguiño de Padrón.

Os premios en metálico entregaranse ao remate dos dous certames.

As actividades culminarán o 2 de marzo co Enterro do Felipiño. A ruada terá a saída as 19.30 horas da Casa da Cultura de Porto do Son. Percorrerá o viario da vila até o Tendedeiro.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.