A Xunta amplía a todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro

18 Febreiro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de ampliar a todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro vixente para hoxe no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), desde este mediodía dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros en toda a costa galega, que xa estaba previsto no litoral da Coruña e na Mariña lucense e que vén de estenderse tamén ao litoral da provincia de Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Outros artigos

Mércores 21, tempo estable

Este mércores os ceos iranse abrindo, dando paso a grandes claros que permitirán unha mellora das condicións meteorolóxicas. Porén, cara á noite agárdase un novo incremento da nubosidade baixa. As temperaturas manteranse sen cambios significativos, aínda que se...

+

Martes 20, retorno do anticiclón con algunha inestabilidade

Este martes, volveremos quedar baixo influencia anticiclónica, aínda que persistirá un certo grao de inestabilidade atmosférica. Agárdase unha xornada de alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados durante a tarde, sobre todo en zonas do...

+

O domingo 18, chega con chuvascos e posibles treboadas pola tarde

Este domingo manterase a tónica de inestabilidade. Pola mañá, agárdanse ceos cubertos con nubosidade media e alta, sen precipitacións destacables. Será pola tarde cando a situación meteorolóxica se complique, coa aparición de chuvascos, nalgúns casos acompañados de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.