A representante en Aguiño da Cooperativa Covirán mostrou en Ambar o funcionamento dunha empresa alimentaria

23 Febreiro 2022

Na mañá deste mércores 23 de febreiro a sede en Frións (Ribeira) de Ambar recibiu a vista dunha das representantes da Cooperativa Covirán na nosa comarca, Marisa Arnoso, encargada de Selección no Supermercado Etelvina de Aguiño, Ribeira.

Durante a xornada, compartiu a súa visión e experiencia tras case 40 anos en Covirán, lembrando que o establecemento foi fundado en 1983 e que resultou ser o primeiro supermercado en Aguiño e un dos primeiros de Ribeira. O eixe principal do encontro estivo centrado nas competencias laborais, poñendo o foco na importancia dos perfís polivalentes, dunha actitude positiva, da proximidade e dunha boa predisposición para o traballo en equipo. Tamén falou de emprendemento e do valor engadido do comercio local, facendo fincapé no impacto da COVID e na implicación do sector durante a pandemia.

Á xornada asistiron os e as alumnas da formación sobre industria alimentaria que a asociación de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas está a impartir nas súas instalacións, grazas ao financiamento da Fundación Once, no programa Uno a Uno do POEJ convocatoria 2021-2022 e o Fondo Social Europeo, que ten a finalidade de “promover a sustentabilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non integradas nos sistemas de educación ou formación”.

Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego.

Esta foi a segunda xornada dun ciclo de conferencias con empresas que Ambar comezou á semana

pasada coa visita de Flavia González, técnica de Selección de Persoal de Galicia e Asturias da multinacional Clece. O ciclo proseguirá nas vindeiras semanas.

Outros artigos

O BNG reclama cubrir o 100% dos médicos en Ribeira e Aguiño

A veciñanza de Ribeira volveu mobilizarse este xoves 5 de marzo en defensa da sanidade pública para reclamar a cobertura das prazas sanitarias que continúan vacantes nos centros de saúde do municipio. O ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto con compañeiros e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.