A Pobra fortalecerá o seu Coworking con apoios directos á xestión, ao espírito emprendedor e á igualdade

28 Febreiro 2022

A mediados do mes de febreiro o Coworking da Pobra do Caramiñal pasou a integrarse na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. Segundo explicou este luns 28 de febreiro a edil de Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), continúanse dando pasos adiante con relación a este centro, que actualmente conta con 5 iniciativas activas, polo cal as próximas propostas que se van desenvolver fundaméntanse en tres piares: apoio na xestión por parte dunha asistencia técnica; fomentar o espírito emprendedor; e dinamizar o propio Coworking.

Indicou que tamén se impulsará un campus de emprendemento con perspectiva de xénero (constará dun programa formativo e unha visita didáctica) e a promoción do sector primario para o aproveitamento dos excedentes agrarios en explotacións familiares de autoconsumo, o cal xa se iniciou na localidade. O custo total do proxecto ascenderá a 31.014’50 euros, dos cales a Deputación da Coruña achegará un 80% e o Concello asumirá a contía restante.

En representación de Promove, a empresa que se encargará da asistencia técnica, Fátima Rodríguez manifestou que se ofrece “un enfoque integral” das distintas actividades previstas. Ofrecerase un apoio ás e aos coworkers; tanto a aquelas/es que se atopan en fase de preincubación coma ás que xa están dadas de alta e que encaran os tres primeiros anos de consolidación no mercado. Brindaranse titorías e compartiranse e canalizaranse aquelas necesidades e propostas que presenten.

Así mesmo, poranse en marcha charlas para estimular o espírito emprendedor na localidade ao tempo que se promociona o espazo de traballo colaborativo, así como titorías e xornadas de portas abertas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), salientou que o Coworking pobrense “é un dos primeiros que houbo en Galicia de iniciativa pública” e que xa deu os seus froitos, pois indicou que xa foron varias as empresas que se crearon no espazo colaborativo para logo independizarse e lanzarse de cheo ao mundo da competencia empresarial. Agradeceu, ademais, á Deputación a incorporación deste centro á rede provincial.

Creado en 2017, o Coworking pobrense consta dunha área de 143’23 metros cadrados con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con cabida para 8 módulos de traballo e destinado preferentemente a persoas emprendedoras que desexen crear a súa propia empresa, e o espazo Nómades, con 2 módulos dirixido a persoas usuarias externas que non permanezan de xeito continuado no centro.

Outros artigos

Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra

A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da...

+

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...