A Pobra fomenta a cultura do acollemento cunha nova acción este sábado 26

21 Febreiro 2022

Proseguindo co fomento da cultura do acollemento, no 26 de febreiro terá lugar unha xuntanza para
compartir experiencias e inquedanzas e que está dirixida non só a familias que xa se atopan inmersas nesta causa, senón tamén a aqueles fogares que se atopan no proceso de avaliación da súa idoneidade ou a quen teña curiosidade por coñecer máis sobre esta realidade.
A concelleira dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG), manifestou que se lle dá así continuidade ás actividades xa realizadas no municipio neste eido, pois “pensamos que é fundamental favorecer que aumente o número de familias de acollida”, algo que, segundo apuntou, xa se produciu na localidade.
Doutra banda, Carmen Dourado, en representación da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), explicou que, ademais do incremento de familias de acollida, é necesario “un espazo de compartir, no que medrar”, razón pola cal se artella a referida charla informal como un punto
de encontro e reflexión.
A dita xuntanza transcorrerá na Casa da Mocidade, a partir das 11.30 horas. A veciñanza que desexar participar pode contactar con ACOUGO a través do teléfono 622672188 ou do enderezo electrónico
info@acougo.gal.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...