A Deputación convoca 45 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia da Coruña

02 Febreiro 2022

A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, convoca este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros cada unha destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, informou de que neste 2022 a institución presidida por Valentín González Formoso dedica 157.500 euros á liña de subvencións. Capelán sinalou “as dificultades que se atopan moitos e moitas deportistas con talento para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual” e indicou que “este programa pretende ser unha axuda para que mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés en todas as disciplinas”, apuntou.

A súa vez, subliñou que “ademais de premiar o esforzo dos nosos deportistas, queremos colaborar con elas e eles para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel”.

Dirixidas a deportes que pertenzan a unha das disciplinas olímpicas

As persoas solicitantes deberán practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas incluidas no programa oficial dos próximos Xogos Olímpicos de París que teña carácter individual. Ademais, as e os candidatos terán que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2021, no que constarán as participacións e os resultados máis importantes obtidos en campionato oficial ou recoñecido pola federación deportiva correspondente. Tamén se valorará o grao de interese do proxecto presentado, a proxección de futuro do deportista e a súa progresión ao longo dos últimos anos.

Poderán solicitar as bolsas atletas de 12 a 30 anos

As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes:

Grupo A: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos

Grupo B: 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos

Grupo C: 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos.

O BOP de hoxe mércores publica as bases das bolsas de 2022. O prazo de presentación de solicitudes determinarase nos vindeiros días, tras a súa publicación na Base Nacional de Subvencións, e estas deberán realizarse de forma telemática a través da plataforma Subtel da Deputación.

Acceso á convocatoria publicada no BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/02/02/2022_0000000488.pdf

Outros artigos

A Deputación premia o traballo das entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña entregou este mércores 7 de maio os IV Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, uns galardóns que "recoñecen o compromiso e a traxectoria de entidades e profesionais que traballan pola inclusión social e o benestar das persoas máis...

+

O Ciclo Mestre Mateo volve a Boiro na súa cuarta edición

O Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os detalles da xira foron dados a coñecer en rolda de prensa na sede da institución, coa presenza da deputada de Cultura, Natividade González, e a vogal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.