A Deputación alerta dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia

22 Febreiro 2022

Lembra ás persoas usuarias do servizo que a Teleasistencia da Deputación é gratuíta e pide que non faciliten ningún tipo de información bancaria por teléfono

A Deputación da Coruña advirte dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia.

Nas últimas horas teñénse detectado chamadas a persoas maiores en distintos concellos da provincia preguntando se dispoñen dun servizo de Teleasistencia e solicitando datos bancarios para o cobro de gastos ou cuotas.

A institución provincial quere aclarar que se trata dun intento de fraude e que o servizo de Teleasistencia da Deputación é completamente gratuíto para as persoas usuarias.

Desde a Deputación pídese aos usuarios e usuarias da Teleasistencia que non faciliten ningún tipo de información bancaria por teléfono e que, no caso de recibir estas chamadas, dean aviso á central do servizo a través do botón vermello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...