A Comunidade de Montes de Nebra organiza este sábado unha xornada de poda de froiteiras

11 Febreiro 2022

A Comunidade de Montes de Nebra (Porto do Son) vén cun febreiro cargado de actividades. Na axenda, a xeito de introdución, figura unha xornada de poda de froiteiras. Será o sábado 26 de febreiro, contándose para o desenvolvemento da actividade coa presenza dun profesional que achegará consellos e técnicas para realizar o tratamento e o coidado das árbores do mellor xeito posíbel, “tanto dende un punto de vista teórico como práctico”, sinalan dende a Comunidade.

A vertente teórica será pola mañá, entre as 10.30 e as 13.30 horas, no local da Comunidade de Montes. Logo será a quenda do xantar e o traballo retomarase pola tarde coa vertente práctica do mesmo, a partir das 15.00 horas, cunha saída á plantación de maceiras do Curro.

A xornada será aberta a todo o público, pero dende a organización recomendan ás persoas interesadas non esquecer a reserva de praza a través do teléfono 659 060 548, xa que o número de persoas que poden participar é limitado.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.