“A auctoritas e unha despedida”. Antón Luaces

25 Febreiro 2022

É cousa seria, evidentemente. Tan seria, que podería estar en xogo a remuda na presidencia do Partido Popular , após tensións, acusacións, peticións de demisións e de tempo para pensalo, e a posta en escea diso que denominamos auctoritas e que na actual situación que vive o PP se aplica á figura de Alberto Núñez Feijoo, co que tamén está no aire a presidencia do partido en Galicia e, de paso, a da Xunta.E ven ser tan seria a cousa, que debe ser el  e o seu partido os que determinen se Núñez Feijoo ten que ocupar ou non a presidencia desa formación de ámbito nacional se, como se dí vai ser, finalmente se leva a cabo a saída de Pablo Casado da presidencia dun partido que está máis partido que enteiro.

Sendo sincero, digo que non me importa o máis mínimo o que faga Núñez Feijoo, quen avogou por esgotar os prazos especificados nos estatutos do seu partido e agardar a un congreso no que se presentaría a súa como a única candidatura a esa presidencia que moitos queren pero que ninguén, ata o de agora, se aventura a desputar a un Feijoo que contempla ao touro desde a barreira estatutaria sabendo que o seu partido o quere en Madrid, presidindo un PP actualmente ao garete comesto xa en boa medida polos fillos que o abandoaron e que se integran en VOX. Que non me importe o que Feijoo decida, non significa que non me interese como cidadán e como xornalista. Como cidadán galego, como tamén o é Feijoo, único punto de concordancia que con el teño. Pero o actual presidente da Xunta e presidente do PP na Comunidade galega debe ter en conta que, nunha mensaxe de WhatsApp recibida nun chat pechado de xornalistas, parece confirmarse que as cantidades facturadas polo irmán da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, roldarían as reveladas polo aínda presidente -se ben que saínte- do PP, Pablo Casado.Se é así, quen lle quita a razón a éste (que prácticamente acusou a Ayuso de favorecer ao seu irmán) cando puxo riba da mesa facturas de pouco menos de 300.000 euros como comisión percibida por Tomás Díaz Ayuso pola súa intermediación nunha operación de compra de máscaras contra a pandemia de coronavirus?. 

Se demostran que Casado tiña razón e este se afianza no cargo, que papel lle queda a Feijoo e a súa auctoritas recoñecida urbi et orbi  no seo do partido e, especialmente, polos presidentes territoriais do PP?.

Non lle vexo eu unha saída clara a esta situación, e menos para Feijoo, quen debería deixar claro dunha vez o seu papel en Galicia e no Partido Popular. Porque el dixo máis dunha vez que antepón Galicia ao partido.Home, sí: aló él. Evidente.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.