A ABE achega 10 lotes de agasallos pola campaña de San Valentín

15 Febreiro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) compartiu a listaxe de persoas premiadas ao abeiro da campaña de promoción comercial de San Valentín, destinada a incentivar as ventas con motivo da festividade deste 14 de febreiro.

No día deste martes 15 realizou un sorteo de 10 lotes de agasallos entre todos os clientes que rexistraron os seus tíckets ou facturas das compras realizada en calquera empresa asociada a ABE entre o 1 e o 14 de febreiro.

Os lotes de agasallos están compostos por un paraugas, unha axenda, unha cunca de porcelana e unha bolsa de algodón orgánico.

Como xa é habitual, os tíckets debían rexistrarse na web da ABE.

A continuación damos conta das persoas premiadas e dos establecementos onde fixeron as súas compras agraciadas.

1 Pili Banco – Lolita Moda.

2 Sara Lojo – Herboristería Fiúncho

3 Chus Gómez Fernández – Claudio Cabo – A Tenda de Pepa

4 Eugenio Lozano – Davisan

5 Noelia – Deportes Brincos

6 Patricia – Crisel Hogar

7 Zaida Cameán – Tiendas Pillados

8 José Francisco – Imán Moda

9 María Montserrat – Kaaus

10 Lola Costas – A Terraza do Furancho

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.