Na mañá de hoxe tiveron lugar catro mesas de contratación correspondentes a outras tantas licitacións de catro obras nas parroquias de Aguiño, Castiñeira e Oleiros que, sumadas, aglutinaron un total de 102 ofertas.

Así, no caso da pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais da rúa Luis Pimentel en Aguiño, producíronse un total de 23 ofertas segundo se puido comprobar na apertura dos sobres C (ofertas económicas e referencias avaliables automáticamente).
Polo que respecta á pavimentación, pluviais e saneamento na rúa da Chouza (Castiñeiras), concorreron 21 ofertas.

As outras dous licitacións corresponden a obras que se executarán na parroquia de Oleiros: por un lado, a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Muíños (30 ofertas) e por outro a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro (28 ofertas).
Está previsto que mañá se abran as ofertas doutras catro actuacións na Cucheriza (Olveira), Rosalía de Castro (Ribeira), Lombas (Palmeira) e Sidreiras (Ribeira).
