Xuízo rápido por alcoholemia a unha condutora que circulaba en Ribeira de forma irregular

17 Xaneiro 2022

A Policía Local de Ribeira informa de que unha condutora foi denunciada por un delito contra a seguridade viaria tras dar positivo por alcoholemia. Está previsto que este martes 18 se someta a un xuízo rápido.

Así, en torno ás tres da mañá do pasado domingo, a condutora foi observada circulando polo Malecón “de forma irregular”, a unha velocidade excesivamente lenta e ocupando o carril contrario de maneira continua, sendo incapaz de manter unha condución rectilínea por un trazado recto.

A Policía Local deulle o alto nese momento e ao entrevistarse coa condutora os axentes percibiron un forte olor a bebidas alcohólicas e observaron que falaba de forma imprecisa. Activouse entón o protocolo establecido para a realización das probas para a detección alcohólica por aire expirado. Arroxou un resultado de 0,75 mg/l.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.