Xa dispoñible a web para a autodeclaración de positivos en covid-19

07 Xaneiro 2022


A Consellería de Sanidade ten ten xa habilitada a web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID para que todas aquelas persoas que dean positivo nun test de autodiagnóstico de covid-19 poidan declaralo ás autoridades.

Este portal abrirá un formulario que o paciente terá que encher os seus datos persoais –nome, apelidos, DNI e data de nacemento– xunto ao seu móbil e o municipio no que reside, así como a data en que se fixo a proba.

A partir de entón, recibirá unha chamada da Central de Seguimento de Contactos (CSC), que realizará ao paciente un cuestionario sobre os seus contactos estreitos e darlle as instrucións de illamento.

Posteriormente, chamaralle o seu médico de cabeceira ou o seu pediatra –en caso de nenos– para tramitar a baixa ou atenderlle os síntomas que presente. Leste mesmo facultativo reiterará a súa chamada ao sétimo día de corentena para confirmar o seu estado e, se procede, darlle o alta epidemiolóxica.

Así o explicou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ofrecida xunto ao titular de Cultura, Educación e Universidade, na que avanzou que toda a cidadanía pode comunicar o seu positivo a través desta web.

Anteriormente, tamén se podía facer nas oficinas de farmacia e no teléfono 881 54 00 45. Pero a atención neste número “non era todo o áxil que nos gustaría”, recoñeceu Comesaña, dada a avalancha de contagios das últimas semanas.

Todo iso a pesar de que agora, segundo a cifra que deu, hai unhas 130 persoas que “de modo específico” traballan respondendo as chamadas a este número. Pero o certo, engadiu, é que un formulario web “é moito máis áxil e rápido”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.