“Vimbios contra a fenda tecnolóxica”. Antón Luaces

04 Xaneiro 2022

Os expertos do Grupo 40 -unidade de traballo investigador do Foro Económico de Galicia- consideran, malia a velocidade e intensidade do proceso de transformación dixital, que Galicia pode e debe tirar partido das oportunidades que achega a dixitalización. 
Partindo de que conta con vimbios dabondo para reducir a fenda tecnolóxica, esta Comunidade Autónoma ten industria do hardware ben desenvolvida e con capacidade exportadora, feitos aos que compre engadir que está ben situada nas tecnoloxías de mobilidade, un sector agrotecnolóxico maduro e dispón dunha banda longa avanzada, en comparación con outras comunidades españolas e mesmo da Unión Europea. Conta amáis Galicia con emprresas tractoras e universidades e centros tecnolóxicos implicados no proceso de dixitalización, que fan albiscar aos expertos un uso masivo da intelixencia artificial, cambios na computación, despregamento da quinta xeración de tecnoloxías sen fíos (5G), elementos todos que advirten dun importante incremento na dependencia dixital.

Fernando Pérez González, Domingo Docampo, Xosé Carlos Arias, María Cadaval e José Francisco Armesto, autores do estudo, aseguran que Galicia dispón dunha industria TIC forte e un dos mellores activos cos que un país pode contar para garantir o seu futuro. Polo tanto, engaden, debe aspirar a figurar en posicións relevantes da cadea de valor TIC global e non conformarse con ser simplemente os que integran ou personalizan a tecnoloxía creada por outros.

Como Galicia, ao igual cas outras Comunidades Autónomas, van dispor dun importante aporte de fondos do Next Generation EU, a xestión dos mesmos adquire un papel crucial para a transformación do tecido produtivo.O informe define os deberes dos actores implicados para obter a máxima eficacia nesa xestión: en primeiro lugar, a Administración debe mellorar os seus procedementos organizativos, ao tempo que exerce un papel impulsor na transición á economía dixital. En segundo lugar, o tecido empresarial e nomeadamente o sector TIC, debe adaptarse ao novo entorno dixitalizado e aproveitar as oportunidades existentes. Por último, o sistema universitario galego e os centros tecnolóxicos teñen a obriga de contribuir coa súa investigación e coa formación do persoal especializado en procesos de dixitalización.

O Grupo Galicia 2040 está integrado por analistas e investigadores co obxectivo de trasladar á sociedade posibles escenarios de futuro en cinco eixos fundamentais de cambio: a dixitalización, os procesos de urbanización, a demografía, os retos medioambientais e o contexto xeostratéxico. Cinco pancas nas que se apoiar e facer firme para acadar o cambio que o País reclama a berros e rematar de vez coa fenda que nos mantén encorados a un pasado que está ben para a historia e non repetir negativas experiencias por todos coñecidas.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.