“Vendedores de fume”. Antón Luaces

15 Xaneiro 2022

A teima, agora mesmo, está na remuda de mandos e tripulantes a bordo das distintas frotas pesqueiras que conforman o sector estractivo de España. E, en sendo así, Galicia vai tocada de ala porque aquí xa non se atan os cans con longaínza e as novas xeracións no son das que levan a colchoneta ao barco para botala enriba do catre e durmir nela cando o peixe o permite e o mar deixa.
Sen embargo, coido que non estamos a ter en conta os moitos condicionantes que, para o desenvolvemento da actividade pesqueira, están a aparecer no horizonte inmediato derivados do cambio climático. Un cambio que se vive desde vai anos no mar e que no mar vai ser onde máis agresivamente se vai manifestar segundo todas as pegadas que se veñen producindo e que non permiten albiscar nada bo para a pesca.Por exemplo, na pesqueira de bocarte, especie esta que, segundo un estudo publicado en Science, amáis de ser e captura de peixe de maiores dimensións que se rexistra no mundo, agora e por mor do quecemento global, pasa por circunstancias nada gratificantes que inducen a cavilar na posibilidade da súa desaparición senon total sí parcialmente. De aquí que, de se perder a súa poboación, se especule nestes momentos sobre a posibilidade de ser substituída por peixes máis pequenos e menos nutritivos para as persoas e outras especies mariñas que as teñen como obxectivo principal na súa alimentación cotián. A captura de bocarte, segundo este estudo de referencia, supón un 15% do botín pesqueiro global.Amáis de seren altamente nutritivos, os bocartes (anchoas) serven asimesmo como alimento para outras especies de peixes  como, por exemplo, o salmón.  Significa, de se cumprir as previsións, que tamén o salmón corre o risco de reducir a súa presenza no mar.Científicos especializados en sedimentos e fósiles antigos poñen riba da mesa o quecemento global “que case que tería eliminadas as poboacións de bocarte”. Para os expertos, o incremento actual da temperatura global pode incidir (non indican en que grao) na súa supervivencia.O biólogo pesqueiro dunha Universidade de Quiel (a Christian Albrecht), Renato Salvetteci, estudou en augas do Perú o impacto do cambio climático nas poboacións de peixes. Coidaba probable que no fondo mariño desta zona quedara un rexistro fósil pola alta taxa de sedimentación asentada no océano e a abundancia de peixe. Nun núcleo de 14 metros de longo (recollido por un barco de Investigación en 2008) había sedimentos alí depositados vai entre 116.000 e 130.000 anos, cando na Terra había un clima máis cálido ca na actualidade.Após determinar e temperatura e a concentración de osíxeno da auga mariña, estableceron biomarcadores xerados por cocolitofóridos (fósiles de moi pequenos organismos mariños) e mediron isótopos de nitróxeno. Os datos acadados demostraron que a auga estaban uns 2 graos centígrados máis quente ca hoxe e contiña menos osíxeno. Arredor do 60% dos peixes eran outras especies máis pequenas, semellantes aos gobios que teñen aproximadamente a metade do tamaño dos bocartes e se adaptan millor   ás condicións de baixo nivel de osixeno, segundo conclúe o estudo.Polo tanto, estas especies máis pequechas poderían xerar problemas á industria pesqueira debido a que o seu tamaño fai máis dificultoso o labor de as pescar. Amáis, trasladan o problema á nutrición porque, sendo de menor tamaño, tamén son menos nutritivos ca os bocartes.É un toque de atención para unha frota, a de baixura, que ten ao bocarte como táboa de salvación especialmente no caladoiro nacional Cantábrico.Noroeste.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.