Unha sentenza obriga a Conservas Carnota a readmitir a unha traballadora por vulnerar os seus dereitos sindicais

26 Xaneiro 2022


A Sala Primeira do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera nulo o despedimento dunha traballadora de Conservas Carnota (grupo Conservas Dani), afiliada ao sindicato Comisións Obreiras (CC. OO.), por vulneración de dereitos sindicais e ordena a súa readmisión.

Deste xeito, o alto tribunal revoga o fallo emitido en primeira instancia e considera que o despedimento “constitúe a lesión dun dereito fundamental de liberdade sindical”, dado que a traballadora formaba parte dun sindicato incómodo para a empresa ao gañarlle nos últimos anos máis dunha vintena de reclamacións xudiciais.

E é que se expón que xunto a esta empregada despediuse a outras tres traballadoras, cuxas demandas se atopan en distinta fase procesual, fixas-descontinuas e afiliadas de CC. OO. O TSXG indica que eses despedimentos, notificados en decembro de 2020, “incidían decisivamente no resultado das próximas eleccións” sindicais, que tiveron lugar no verán de 2021.

O alto tribunal tamén lle reprocha á empresa que na carta de despedimento fixese mención a unha diminución do seu rendemento, “especialmente no último mes”, cando nese período a traballadora estaba de baixa médica.

A Sala insta a Conservas Carnota e ao grupo Conservas Dani a readmitir á traballadora nas mesmas condicións, a abonarlle os salarios de tramitación e a pagarlle unha indemnización de máis de 6.000 euros para resarcila polo dano moral sufrido, ademais de abonar as costas xudiciais. Contra o fallo cabe interpoñer recurso de casación.

Nun comunicado, CC. OO. censura a “torpe escusa por parte da conserveira” para este despedimento e aplaude que esta sentenza chegue no medio da mobilización do sector conserveiro para esixir un convenio colectivo digno. Precisamente, os traballadores volverán á folga o 3 e 4 de febreiro.

Planta de Conservas Carnota Google Street View

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.