“Un plan verde europeo que sexa bo para todos” – Antón Luaces

27 Xaneiro 2022

Ás veces da a impresión de que a Comisión Europea regula -ou tenta regular- o sector da pesca comunitaria en función dunhas estratexias contrarias a todas aquelas que ese mesmo sector considera axeitadas non só para os seus intereses -que tamén- senón para a pervivencia da pesca coma tal.

É o caso da frota arrastreira europea que, diante do que coida é un ataque orquestrado pola acción conxunta da CE e as ONG para reducir o aporte dese segmento de frota que é o arrastre -vital na subministración de peixe da Unión Europea- activa e organiza a súa propia estratexia. É, en definitiva, un sector que marca obxectivos que non cadran, necesariamente, nin cos da Comisión Europea nin coas das organizacións non gobernamentais (ONG). Nace, por estas circunstancias, a EBFA (Alianza Europea da Pesca de Fondo) que aproveita o ronsel da Alianza Pesqueira Europea (EUFA), estratéxica á hora da dar visibilidade aos intereses do sector ante o cambio nas regras de xogo en augas da UE consecuencia da saída desta do Reino Unido.

O arrastre comunitario fai bloque, constitúese desde a unidade de criterios para “defender, apoiar e amosar a sustentabilidade, a realidade económica, social e cultural” que, sinala a patronal pesqueira europea Europêche, representa o arrastre de fondo nos Estados membros da UE. Un pronunciamento claro baseado no obxectivo que marca a Estratexia Biodiversidade 2030, establecido no Plan Verde Europeo que tenta fixar un 30% de Áreas Mariñas Protexidas, das que un 10% serán de protección total.

Na súa proposta, a Comisión estipula a restrición das artes de pesca “máis prexudiciais”, o que fixo que todos ollaran o Plan de Acción anunciado por ela para esta primavera e que establecerá de que xeito se pode acadar sen que ninguén saiba exactamente como se vai levar a cabo. Esta incerteza crea unha reacción que pode ser entendida como contraria á formulación comunitaria, pero que tamén é lóxica tendo en conta que, tal e como o comisario Sinkevicius, no acto organizado polas ONG ás portas da Comisión, deu a entender, se trata dun ataque frontal á pesca de arrastre (que existe nos mares europeos e mundiais desde moito antes de que se creara a propia Comisión).

E non é esta a primeira vez que o arrastre amosa a súa contrariedade cos devaneos do comisario a partir da polémica xerada durante a negociación do Regulamento de Control, cando se filtrara un documento da Comisión dirixido aos eurodeputados no que xustificaba a necesidade de obrigar ao arrastre a instalar cámaras de observación electrónica, o que foi entendido como un medio máis de vixilancia da actividade extrativa.

Existe a sensación entre os representantes do arrastre europeo de que a Comisión ten unha “percepción negativa” de canto determinadas artes de fondo significan, cando a realidade é que a sustentabilidade e a importancia xeral destes métodos de pesca son xeneralizados en todos os Estados membros da Unión Europea e as pesqueiras ás que van dirixidas “están ben reguladas, controladas, investigadas e amplamente certificadas”.

O arrastre representa o 40% do valor das descargas de peixe e unha xestión eficaz e baseada na ciencia -argumentan-, garante que as actividades de pesca de fondo só se desenvolven en fondos mariños limitados “e de alta resiliencia” o que, obviamente, “minimiza o impacto nos ecosistemas e recursos mariños”.

Son, en total, 8.000 os buques que empregan este método de pesca que xera 22.000 postos de traballo a bordo. Desembarcan anualmente un millón de toneladas de peixe que representan o 25% dos desembarques comunitarios en termos globais. Todo isto, posto na balanza e comprobando os efectos causados, vai ser defendido desde xa pola Alianza Europea da Pesca de Fondo, na que Galicia e España no seu conxunto teñen moito que dicir.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.