Un ciclista resultou ferido en Boiro tras sufrir unha caída nunha zona de monte

02 Xaneiro 2022

O ciclista circulaba ao seu paso por Lampón, en Boiro, por unha zona de monte que presentaba dificultades de acceso para o vehículo sanitario.

O accidente ocorreu sobre a unha deste mediodía. Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para informar da caída dun ciclista. Aseguraba se trataba dun lugar de difícil acceso para a ambulancia.

Por iso, ao contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazaba, neses intres,  cara o lugar. De feito, a aeronave tomou terra no centro de saúde da localidade.

Finalmente, o vehículo sanitario puido chegar ata onde se atopaba o ciclista ferido, que o trasladou ata o centro de saúde e onde o agardaba a aeronave.

Ademais de informar do suceso ao persoal sanitario, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro ven de actuar xunto SMPC Boiro, Policía Local de Boiro, RTSU Rianxo e médicos do Pac en atención de accidente ciclista nos montes de Lampón, preto de Montañó no Concello de Boiro.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.