Triunfo de líder do Noia FS en Ceuta (2-3)

18 Xaneiro 2022

O Noia Portus Apostoli FS saldou a súa visita a Ceuta con tres puntos por primeira vez na súa historia, nun partido de moitas adversidades para os noieses, que aínda así llas arranxaron, con tres gol de Bruno Gomes polo medio, para saír do Molina Ríos coa décima vitoria consecutiva e afianzando aínda máis a posición de líder na clasificación.

Saíu mellor a Unión África Ceutí ao encontro, que logo da expulsión de Palmas, moveron ben o balón nunha xogada a balón parado. Chegoulle o balón a Anuar, que axustou seu golpeo para superar a Henrique por toda a escuadra e poñer por diante aos locais.

A partir do 1-0, o choque entrou nunha fase que durou practicamente ata o final, co Portus Apostoli dominando o esférico e as chegadas, e un Ceutí procurando castigar co segundo ao contragolpe. Emerxeu Dani Cabezón como gran protagonista neses minutos, desbaratando lanzamentos de todo tipo de Bruno Gomes, Lluc ou Edu Jabá. O bo facer do porteiro cabala foi o principal causante de que o marcador non se movese antes de visitar vestiarios

Xa mediada a segunda metade. Ata que entre Power Raggiati e Edu Jabá trenzaron unha fantástica combinación que Bruno Gomes só tivo que empuxar no segundo pau, a pase do seu compatriota.

O 1-1 facía algo de xustiza ao que se estaba vendo sobre o parqué ceutí, no que o Noia seguiu insistindo en busca de poñerse por primeira vez por diante no electrónico. Aí, volveu aparecer a figura de Bruno Gomes. Cun lanzamento de falta desde quince metros axustado ao pau, o pivote converteu o 1-2 para poñer por diante aos seus a dez minutos do final.

Non se conformou con iso Bruno Gomes, e tamén fixo o 1-3 cunha acción de fermosa factura que completou o seu hat-trick persoal. Primeiro regateou ao seu par co control, e despois aloxou o esférico na escuadra esquerda da portería dun Dani Cabezón que minutos antes parecía imbatible.


Reaccionaron a falta duns minutos os locais, que Lograron reducir diferenzas os de Tomás de Deus nunha xogada de mala sorte para Henrique, que tras un disparo de Manu Orellana introduciuse sen querer o balón na súa portería, previo rebote na madeira. Sen embargo foi insuficiente, e a vitoria marchou para Noia.

Con este, son xa dez consecutivos, nove deles en Liga e unha afianzada primeira posición con 52 puntos, 17 máis que o Family Cash Alzira FS. Os alzireños son novos segundos clasificados, despois de que o Servigroup Peñíscola Globeenergy FS.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.