“Somos o que facemos” – Manuel Domínguez

03 Xaneiro 2022

Algúns afeccionados á lectura din, somos o que lemos.
Algúns filósofos din, somo os que pensamos,
Algúns prosistas din, somos o que escribimos.
Algúns médicos din, somos o que comemos.
Charlatáns de feira din somos o que falamos.
Ben, nin un nin o outro, somos o que facemos. As nosas obras falan por nós.
De que che serve ler se logo non entendes o lido ou non practicas o ben aprendido, fas todo o contrario, de nada serve ler se non se entende e se non se dixire.
De que che serve pensar se logo fas o contrario do que pensas.
De que che serve escribir, manexar a linguaxe se o utilizas para o engano.
De que che serve falar como un pai franciscano se logo es un traficante de armas, ou o que sexa mester
Non, somos as nosas obras, somos aquilo que facemos, o que construímos, para ben ou para mal, somos a nosa historia, a historia de nós mesmos, que uns queren ocultar e outros manipular.
Hai quen se avergoña do seu pasado, o pasado non se pode cambiar o futuro se, o futuro é o devir, que podemos construír.
O pasado e o presente son as dúas caras da mesma moeda.
Deixaches orfos, pagas a pena de cárcere que o estado impón, pero non pagas a dor social, o morto non resucita, e podes matar de moitas maneiras, co teu índice, calumniando, e entre elas o silencio.
O falso “buenismo zapateril”, non hai mais opositor ao tabaco que aquel que deixou de fumar, non esquezamos que a Viriato traizoáronlle os seus mellores soldados, como a Xullo Cesar traizóalle Bruto a pesar dos favores que recibiu del, e a pesar diso encabezaría a conxura para acabar coa súa vida.
Observar quen pisa a vosa sombra, ese traizoaravos.
O albanel constrúe casas, o arquitecto deséñaas, o actor interpreta, o director dirixe, e por iso serán axuizados, non por outra cousa.
Outros che dirán, como son o teu amigo dígoche a verdade, se ela é dolorosa, nin é verdade, nin é ti amigo.
Crítica construtiva, non me critiques, constrúe, supérame.
Chegan as reciclaxes para repartir, e eu pregunto imos ao reparto, pero dicídeme que puxestes vós na mesa para repartir.
Miseria e fame!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...