Sana El Hoy e o Boiro Voleibol impartiron unha charla sobre alimentación saudable no CEIP Plurilingüe de Cespón

Eloy Figueira Rial, nutricionista e fundador de Sana El Hoy o Hoxe, acompañado Marcelo Benavídez, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, e os xogadores José Carlos Romero e Renan Levandoski, visitaron este mediodía o CEIP Plurilingüe de Cespón, de Boiro. No centro educativo, impartiron unha charla sobre alimentación saudable e tamén mostraron algúns detalles de voleibol aos alumnos.