“Roubarche o corazón” – Manuel Domínguez

14 Xaneiro 2022

Aínda que ti non o valoras en min, eu se o valoro en ti.
Regaleiche un libro, e iso dis ti, regálome un libro.
Non querida, regaleiche case un día de traballo servindo copas.
Regaleiche unhas flores vivas, con raíces, para que florezan na túa xanela e cada día que lles botes auga, ou que proxecten sombra, te lembres de min, e ti dirás, regálome unha planta, non querida, regaleiche un día da miña vida, si un día, un día na estada, pondo ladrillos, baixo este sol asfixiante, baleirei un porrón de auga, para poder aguantar este traballo, que martiriza.
Ti merécelo, e eu son un ser creativo, así que podía ir a unha libraría e mercar unha postal creada por outro, pero non, ti mereces algo especial, pois es especial, así que compro uns lapis de cores, e plasmo a miña creatividade nun papel en branco, alí deixo a miña obra de arte, e envíoche esa postal especial única no mundo, para que saibas canto te valoro.
Xa non se trata de valor económico, senón que creei algo único, especial para ti, non só te agasallo tempo, senón imaxinación.
Son sesenta minutos pensando en ti, pensando a maneira de alegrarte.
Como amiga, regaleiche un poema, vin os teus ollos sen luz, e dáme mágoa, podía enviarche un ramallete de flores, pero non, envíoche un ramallete de palabras, palabras harmónicas que dan sentido á túa triste vida, transpiran todos os poros da miña pel, o oulear do vento acompáñame.
E alí negro sobre branco, nace unha epístola que che fará sorrir, e ti preguntarasme, é verdade?, direiche si, é a miña verdade, e a min que me importa, se é verdade ou mentira, ou se nada entre augas, é só un medicamento para o teu corpo, é un pequeno verso, que lograra, o regreso da luz aos teus ollos, iso é o que me importa, impórtame o teu sorriso, sabes que as penas son contaxiosas?.
Hoxe nace un belo día, o sol esta radiante e o horizonte acompañado de belas cores, chámoche e ti non o ves así, e eu dígoche, hoxe regáloche o mais belo do mundo, hoxe é un fermoso día querida, sabes unha cousa? O mesmo sol, o mesmo que me ilumina a min, é o mesmo que che ilumina a ti, estas compartindo o meu sol, sorrí. haberá algo máis belo?
Un bico talvez, meniña, cada bico que entrego é un suspiro da miña vida.
Pregunta o noso Dº Pedro, que tentas Inés, ela responde, roubarche o corazón, non poderás, non teño, non tes corazón?, non, roubáchesmo o primeiro día que che vin.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...