Ribeira leva a pleno este luns o nomeamento de Ayaso como fillo predilecto

10 Xaneiro 2022

Este luns, a Corporación municipal de Ribeira debaterá a proposta da alcaldía para nomear a Manuel Ayaso, fillo Predilecto, e existe ademais un proxecto para constituír a Fundación Manuel Ayaso, que se encargaría de custodiar e difundir o seu extenso e valioso legado artístico.

Manuel Ayaso Deus naceu en Aguiño o un de xaneiro de 1934 e emigrou a EEUU aos trece anos, levando unha formación básica e un mundo de tradicións galegas que caracterizarían o seu mundo pictórico.

Alí obtivo unha bolsa na Escola de Newark (1953-1956), onde se aproximou ao debuxo, a pintura, a cerámica e a escultura. Nacionalizouse americano e incorporouse ao Terceiro Exército dos Estados Unidos en Atlanta, no que se ocupou do deseño de obras de teatro e baile.

O Centro de Oficiais, con coñecemento do seu talento, asignoulle un estudo propio no que xurdiron as súas primeiras obras, que vendeu na Nova Galería de Nova York.

En 1959 realizou a súa primeira viaxe a España, e na súa visita ao Museo do Prado achou referentes e influencias para o seu traballo (Goya, Picasso, O Bosco, Leonardo…). Un ano máis tarde regresou a Estados Unidos e comezou a traballar coa prestixiosa galería neoiorquina Cober Gallery, obtendo o Premio Trubeck do Monclair Art Museum. En 1963 foi bolseiro pola Fundación Tiffany, o que lle permitiu residir durante ano e medio en España e aproveitar para empaparse do universo artístico do Museo do Prado. Ao seu regreso foi fichado pola Forum Gallery, a súa actividade expositiva viuse intensificada nas décadas dos 70 e 80 e empezou a expoñer en importantes cidades de EEUU e Canadá.

Ao longo da súa traxectoria a súa obra incorporouse a destacados museos, así como a distintas fundacións privadas de EEUU, España, Israel, México e Sudáfrica.

Son moitos os museos que contan con obras súas: o San Francisco Museum of Modern Art, o Museo de Arte Moderna de Nova York ( MOMA), o Whitney Museum of American Art, o Crystal Bridges Museum of American Art de Bentonville, o Worcester Museum, The Pennsylvania Academy of the Fine Arts, o University of Oregon Museum of Art, The Arkansas Arts Center, o Monclair Art Museum, a American Israel Foundation, The Slaten Memorial Museum, a University of Massachusetts, a Illinois Wesleyan University, The Butler Institute of American Art, o Centro de Arte Contemporánea (Compostela) e, por suposto, o Museo do Gravado de Ribeira e a casa da cultura de Aguiño.

Tecnicamente utiliza colaxe, frottage, guache, plumilla e lapis de cores. Nos 70 comezou a empregar a técnica de punta de prata.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.