Rianxo retoca o seu Goberno trala demisión de Adelina Ces

11 Xaneiro 2022

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, deberá remodelar o seu Goberno de coalición co PSOE tras a dimisión da edil do Bloque, Adelina Ces Quintáns, que xestionaba as concellerías de Educación e Normalización Lingüística.

A edil dimisionaria que alegou motivos persoais entrou na Corporación en 2002 e cinco anos despois foi candidata nos comicios locais e en 2011 entrou a formar parte do Goberno de Muíños.

O mandatario rianxeiro dixo que a substituirá a persoa que ocupaba o seguinte posto na lista electoral, Xosé Vázquez, veciño da parroquia de Isorna, e que nos próximos días tratará o alcance da remodelación que deberá facer no seu executivo.

A renuncia de Adelina Ces será o primeiro punto a tratar no pleno extraordinario convocado para este mércores ás oito da tarde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...