Rianxo, Dodro, Padrón e Rois ofrecen 100 prazas para persoas demandantes de emprego para accións de inserción laboral. O prazo remata 31 de xaneiro

24 Xaneiro 2022

O prazo remata o 31 de xaneiro.


Xa está en marcha o proceso de selección dos participantes no Programa Integrado de Emprego de Concello de Dodro 2021/22, organizado conxuntamente polos Concello de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial dos catro concellos participantes, que estean inscritas como demandantes de emprego na oficina correspondente e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración.
O obxectivo principal do programa é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos/as participantes a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento, formación para o emprego, talleres de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, realización de prácticas non laboráis e fomento do emprendemento.
O programa desenvolverase nos próximos meses e ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do 37% das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica e téxtil. Os beneficiarios do programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás accións do programa.
As persoas desempregadas que desexen participar deben de estar dadas de alta na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e interesadas na realización deste tipo de programas. Tamén se ofrece a posibilidade de solicitar a participación no procedemento de selección directamente no Concello de Dodro, a través do departamento municipal de emprego, acudindo ao concello ou chamando ao 981802062

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.