Presentado o calendario de regatas cruceiro na Ría de Arousa

14 Xaneiro 2022

Xa está aquí o calendario de regatas de cruceiro na Ría de Arousa para a tempada 2022. O programa está composto por un total de 24 probas, que van desde o 15 de xaneiro ata o 17 de decembro. Club Náutico Arousa Norte, o de Vilagarcía, o de Rianxo, o de Marín e o de Portosín serán os clubes encargados de organizar as diferentes probas.

A competición comezará coa Liga de Cruceiro Ría de Arousa, con categoría local este sábado nunha proba organizada polo Arousa Norte. O 14 e o 15 de maio terá lugar unha das citas máis agardadas cada ano, o Trofeo Almirante Rodríguez-Toubes, que este 2022 acolle a súa 26 edición, en categoría Copa de Galicia. Para pechar a tempada, o Club Náutico de Rianxo organizará a Regata Ensenada de Rianxo Trofeo Varela e Hijos o 17 de decembro.

Outros artigos

Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.