Os Reis Magos van de xira por todas as parroquias de Rianxo

04 Xaneiro 2022

Este mércores 5 de xaneiro a comitiva das Súas Maxestades os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do concello de Rianxo. Os detalles da xira rianxeira foron debullados, a disposición de pequenos e grandes, nun vídeo promocional que xa podemos ver en liña.

En concreto, os Reis Magos sairán de Isorna, visitando Isorna e Leiro, pasando por Rianxo (A Martela) e rematando logo na Atalaia. O horario previsto é entre as 11.30 e as 14.30 h.

Pola tarde visitarán Asados, Araño e Taragoña, rematando cun roteiro pola vila de Rianxo. O horario estimado é entre as 16.30 e as 19.30 h.

A volta rematará coa recepción das Súas Maxestades por parte das autoridades municipais. Esta recepción será sen público.

Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.

Dende o Concello recomendan á cidadanía que estea atenta ás redes sociais e á web municipais, ante posíbeis cambios por mor da climatoloxía e/ou outros condicionantes.

Tamén pregan extremar as medidas preventivas fronte ao COVID (uso de máscara, distancia social evitando aglomeracións). Amais, recomenda seguir a comitiva dos Reis Magos desde as casas ou, de non ser posíble, achegarse a un lugar onde se poidan cumprir as medidas de seguridade.

Itinerarios previsto (polas estradas principais)

POLA MAÑÁ: Isorna – Leiro – A Fincheira – Urb. A Martela – Arcos Moldes – Estrada de Rianxiño – O Pazo – Asados

POLA TARDE: Asados – Burés – O Araño – Taragoña (volta en Pte. Beluso) – Taragoña – Fachán – O Pazo – Rinlo – Rosalía de Castro – Arcos Moldes – Estrada de Tanxil – Paseo da Ribeira – Praza Castelao – Paseo da Ribeira – Auditorio

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.