O Viveiro de Empresas de Ribeira comeza 2022 cunha nova incorporación

04 Xaneiro 2022

O Viveiro de Empresas de Ribeira comezou o novo ano en curva ascendente de crecemento. Fíxoo, en concreto, sumando unha nova incorporación que se suma as outras dúas que se estableceron no pasado outono e a outra entidade xa instalada con anterioridade, o que, en palabras do Concello, “afianza este servizo como incubadora de proxectos innovadores de emprendemento local”. A nova empresa chámase Upskill English e vén da man da tradutora e profesora de inglés María Fernanda Gómez Amenós, que imparte clases de inglés xeral e especializado, apoio escolar, preparación de exames oficiais ou conversas, tanto online como presencialmente no inmóbel.

O Concello lembra que nos últimos catro meses tamén se instalaron dous gabinetes de psicoloxía (Álvarez Psicólogos e Psico Balance) e que tamén está radicado dende finais do 2020 o Centro Tecnolóxico do Barbanza, sociedade cooperativa dedicada ao desenvolvemento de software, páxinas web e solucións integrais e novas tecnoloxías.

Entre as vantaxes do Viveiro, situado no lugar de Fafián, atópanse a accesibilidade de uso, os prezos ao alcance do empremento local e máis un servizo permanente de formación e asesoramento.

O Concello recorda as dúbidas sobre este servizo poden resolverse a través do Servizo de Orientación Laboral mediante teléfono 981 871 497 ou ben acudindo presencialmente ao Viveiro.

Dende a súa apertura xa pasaron novos profesionais pertencentes a sectores como a consultoría, os idiomas, a imaxe e son, a xestión deportiva, a nutrición, a tecnoloxía ou a mercadotecnia dixital.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.