O vindeiro sábado inaugúrase en Outes unha mostra que reivindica a creación de seleccións galegas en todos os deportes

29 Xaneiro 2022

O vindeiro 5 de febreiro, sábado, a Casa da Cultura de Outes vai acoller a inauguración da mostra Galiza, un Pobo, unha selección, co-organizada por ACC Terra Outes. A exposición, cuxa apertura está fixada para as 12 do mediodía, vén da man da plataforma Vía Galega e forma parte da campaña coa que pretende reclamar seleccións galegas en todos os deportes, “con dereito a participar a nivel oficial e internacional, así como que os e as nosas deportistas podan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, sen esquecer a necesidade de galeguizar o deporte”.

A continuación, no salón de actos proxectarase un documental coa participación de diversas personalidades relevantes e representativas do deporte galego no que verten a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir representando á nosa terra, oficialmente, en todas as disciplinas deportivas.

No acto intervirán Anxo Louzao, coordinador da campaña, Jano Sanmartín, seleccionador galego de futbol gaélico, e Xoán Mariño, presidente da asociación organizadora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.