O programa Dodro Saudable combaterá as consecuencias da pandemia con actividades físicas para todas as idades

31 Xaneiro 2022

O pasado xoves 27 presentouse no salón de plenos do Concello de Dodro o programa deportivo Dodro Saudable. Trátase dun ambicioso plan de actividade dirixido á poboación en xeral, dende “a infancia a vellez, pasando pola etapa adulta”, que inclúe todo tipo de propostas para mellorar a calidade de vida da cidadanía a través da actividade física. O programa atenderá as características, demandas e necesidades de cada persoa participante.

O Concello apoia a posta en marcha deste proxecto na necesidade de incrementar os hábitos saudábeis a todos os niveis, uns hábitos que empeoraron coa chegada da pandemia e o confinamento: “Os datos aportados por organizacións privadas como a Gasol Fundation, e de públicas como a OMS ou a Xunta de Galicia co seu programa DAFIS, amosan un preocupante abandono da condición física que se traduce nun empeoramento da saúde persoal”, sinalaron dende o Consistorio.

O Concello de Dodro a través do departamento de Deportes deseñou este programa gratuíto que está a disposición de toda a veciñanza coa finalidade de mellorar a súa saúde.

A presentación está a disposición da veciñanza través da canle municipal en Youtube.

Segundo se fixo saber, a orixe do proxecto está en 2019, cando o técnico deportivo municipal (Fernando González Ares) e a área de Deportes decidiron enfocar a programación deportiva local cara o ámbito da saúde, baseándose nos beneficios máis que comprobados da actividade física para mellorar a calidade das persoas. Isto que é aplicábel a calquera territorio, ten aínda máis sentido en concellos de poboación envellecida como o de Dodro, onde todo indica a que nos vindeiros anos seguirá cobrando maior peso a franxa de idade dos maiores de 65 anos. A este factor hai que engadir as consecuencias da pandemia, que reduciron as posibilidades de realizar calquera tipo de deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.