O PBBI pide o inmediato restablecemento do estado orixinal da contorna portuaria de Palmeira

18 Xaneiro 2022

As recentes intervencións levadas a cabo por Portos de Galicia na contorna do peirao de Palmeira seguen a traer cola. Sen ir máis lonxe, o Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do portavoz e concelleiro Vicente Mariño de Bricio, vén de presentar unha moción para ser debatida no pleno da Corporación relativa aos devanditos traballos de acondicionamento. Na moción, o PBBI faise eco das queixas do veciños sobre as obras realizadas, uns traballos “consistentes na instalación duns bancos de pedra granítica e bolardos metálicos que dificultan a circulación e a accesibilidade nesa zona, na que tamén queda imposibilitado o aparcadoiro que existía desde hai décadas”, sinala a agrupación, explicando que a “intervención xera unha problemática que afecta a veciños, a visitantes e á hostalaría da zona, que desde hai un tempo xa se está vendo moi prexudicada polas restricións derivadas da situación epidemiolóxica pola pandemia da COVID”.

O PBBI di que cómpre volver ao estado orixinal e tacha o proxecto de “improvisado”, e de ter sido desenvolvido “á marxe dos veciños”. O móstrase crítico con Portos de Galicia (“coa conivencia do Concello de Ribeira e o seu equipo de Goberno”), que, segundo opinan, “volveu sucumbir ao feísmo ao que xa nos ten moi afeitos ao longo e ancho da nosa xeografía”.

Nun plano máis concreto, o PBBI di “compartir a opinión da veciñanza” no que respecta ao que cualifican de “labirinto a modo de serpentina en que se converteu o porto de Palmeira, coa colocación do os bolardos metálicos e bancos de pedra”. Tamén critica que “se creara un problema de aparcadoiro onde antes non o había, co considerábel prexuízo a diferentes sectores incluíndo a veciños e visitantes”. E todo isto, engaden, “implicou un custe importante, habendo outras opcións para gastar no porto como podería ser o mantemento de varandas, peirao, limpeza, etc”.

Por todo iso, desde o PBBI solicitan os seguintes puntos:

1- “Que se proceda ao inmediato restablecemento ao seu estado orixinal da obra executada no porto de Palmeira, eliminando os actuais bancos de pedra e os numerosos bolardos metálicos”.

2- “Instar a Portos de Galicia á reparación das balaustradas de todo o recinto portuario, así como do peirao”.

3- “Que se proceda á limpeza de ramplas e das rúas adxacentes, eliminando verdellos e outras sucidades adheridas ao pavimento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...